En este vídeo muestro la utilización de una plantilla para delimitar el puente, previo a dar goma laca.
Tapeta para zoque
Neste vídeo mostro o proceso de elaboración, colocación e presentación da tapeta do zoque
O desvío da selleta
O desvío da selleta (Saddle) by #manferstyle
Tendo en conta que o sonido está influenciado pola masa e a lonxitude da corda, e que o efecto de desafinación producido por o estiramento é maior nas cordas grosas que nas finas, canto máis grosa sexa máis compensación necesitará.
O que se pretende con esta compensación é buscar un balance entre agudos, medios e graves.
Son moitas as diferezas que hai entre a guitarra acústica e a clásica
por exemplo as cordas, na guitarra acústica son metálicas e na guitarra clásica, 3 son de nylon e 3 entorchadas.
Un set típico de cordas para guitarra acústica é:
B: 0,12 – 0,16 – 0,25 – 0,32 – 0,42 – 0,54
a compensación para este set adoita ser:
1ª corda 652mm
6ª corda 655mm
A: 0,10 – 0,14 – 0,23 – 0,30 – 0,39 – 0,47
O set A precisa de menos compensación
C: 0,14 – 0,18 – 0,27 – 0,39 – 0,49 – 0,59
O set C precisa de máis
De aí que as cordas grosas necesiten ser máis largas que as finas
Os calibres de un set de cordas para guitarra clásica pode ser:
0,73 – 0,83 – 1,03 – 0,78 – 0,86 – 1,09
Na guitarra clásica é necesario certa compensación, non tanta como a guitarra acústica, 1mm para a primeira corda e 2mm para a 6ª adoita ser suficiente.
–
A ubicación da ponte da guitarra
Chegou o momento de por en manifesto os razoamentos que levan a cabo determinar a ubicación da ponte.
A teoría di que a distancia entre o traste 12 e a cejuela, debe ser a mesma que entre o traste 12 e a selleta, pero a realidade é outra, debido á equilibración que se fai para compensar o estiramento da corda ao pulsala.
O que se pretende con esta compensación é que a parte libre da corda transmita a nota correcta, a forma de conseguilo é modificando a lonxitude ou a masa.
Tendo en conta que o sonido producido por unha corda depende da lonxitude e da masa desta, pódese decir que canto menor sexa a lonxitude ou a masa, máis agudo será o sonido, polo contrario, aumentando a lonxitude ou a masa, o sonido vólvese máis grave.
Se a nota é demasiado alta, é porque o tramo de corda é demasiado curto, quer decir que a ponte está moi cerca, polo que hai que alargar este tramo para que a nota baixe volvéndose máis grave.
O que se pretende é que afinando a primeira corda en MI, esta vibre ao aire a 329,62Hz e no traste 12 o faga xustamente ao dobre, 659,24Hz
Se vibra máis do dobre, necesita separar máis a ponte (alargando mínimamente o tiro)
Se vibra menos do dobre, é necesario acortar o tiro.
A compensación está directamente influenciada pola altura da corda, por eso é importantísimo que esta altura sexa a menor posible, para que a compensación sexa mínima.
A selleta dende a súa orixe
A ponte (parte 4 de 4)
Non quería rematar este virulento 2021 sen compartir con todos vós o meu último traballo de lutería referido á ponte da guitarra, aproveitando para desexarvos un feliz ano entrante.
Que o disfrutedes!
A ponte (parte 3)
O rebaixe da ponte
A ponte da guitarra (parte 1)
Este é o primeiro dunha serie de vídeos adicados á ponte
O rebaixe do mástil
A feitura e a madeira coa que está feito o mástil da guitarra, determinan en gran medida as sensacións que o instrumento transmite ao músico.
Neste vídeo mostro a técnica a seguir.