Perfilando o zoque

O zoque é a peza que vai entre o mástil e a caixa armónica, o seu cometido é unir ámbolos dous. Neste caso é do mesmo material que o mástil, Cedro de Honduras.

Aínda queda moito por lixar, pero todo se andará.

Este é o zoque (en proceso) dunha guitarra MANFER Style

Neste vídeo podedes ver todo o proceso da elaboración do zoque:

O reforzo do mástil

Nun principio, posiblemente non pasaría nada se non se reforza o mástil, pero… Quen sabe? Tamén é verdade que as cordas da guitarra non portan tanto como as de outros instrumentos como poden ser o violín, bandurria ou mandolina, pero para prevenir lamentacións decidín reforzar o mástil, non o quero ver curvado o día de mañán e que a distancia entre traste 12 e corda sexa como un día sen pan. Como non debería ser doutra maneira, utilicei unha peza de ébano para incrustar nun mástil de cedro.

Neste vídeo mostro como reforzar o mástil.

O ensamble da pala

Non vou ser eu, o que diga que a pala non é unha peza determinante no son dunha guitarra, porque non é así, no son do instrumento todo repercute, dende o ensamble (que ten que ser resistente) ata a curvatura, que cada lutier ten o seu librillo, para iste modelo eu optei por un ángulo de 12º 

A pala é unha das partes máis visibles do instrumento, aquí é onde se colocan os clavixeiros e o logo, polo que o acabado ten que ser refinado e ben refinado. 

Como se hai que sacar lustre con esencia de telaraña reseca.

Istas son as medidas que utilizo para conseguir o ángulo de pala