Emparellando a tapa armónica

Para emparellar ámbalas pezas da tapa armónica, utilizo dous cepillos, un para igualar os cortes, e outro para afinar, pero aínda así, para evitar que a luz se deixe ver a través da unión, asento ista con lixa de grao 600. Para o encolado, boto man dun sistema centenario de cordas, que en eso de aplicar forzas opostas, quédase só.

Iste útil, saca da madeira labras tan finas, como centellas relucientes.

Podedes ver aquí o procedemento.

Que teñades bo día!

En contacto co terreo

Son moitas as pezas das que se compón unha guitarra, aquí mostro algunhas das máis significativas na elaboración da guitarra MANFER Style.

A roseta é un motivo totalmente decorativo que se coloca na tapa armónica arredor da boca.

IMG_1053

Roseta

Esta roseta está feita con chapas de madeira tintada en diferentes cores, pero tamén as hai de plástico e ata de papel para pegar, despois unha capa de barniz por enriba e andando. Esta vai levar un chisco máis de traballo, teño que facerlle o rebaixe na tapa armónica para incrustala, pero todo se andará.

IMG_1069

Esta peza de cedro é para construir mango e pala, ten unhas medidas de 650x85x22mm

IMG_1058

Zoque

O zoque é a peza que une mango, aros e caixa armónica, tamén é de cedro.

IMG_1060

Tapa de pala

IMG_1074

Diapasón

O diapasón é outra das partes fundamentais da guitarra, o acabado e tipo de madeira é determinante para un bo son, este é de ébano.

O mástil en si, está formado por mango, zoque, diapasón, pala e tapa de pala. O mango, zoque e pala é interesante que sexan dunha madeira de gran estabilidade, con baixa densidade e moi resistente, optei por mercar cedro de Honduras, unha das máis usadas na construcción de mástiles.

Aros e fondo

IMG_1077

Aros

Os aros son as pezas que cerran lateralmente a caixa armónica, é costume que sexan da mesma madeira que o fondo.

IMG_1079

Fondo

O fondo (igual que a tapa) componse de dúas pezas, as desta guitarra van ser de palo santo, teñen unhas medidas de: 550x200x4 mm cada unha delas, son para conformar a parte traseira da guitarra, fan de reflectores do son que produce a tapa armónica, a súa calidade afecta sobre todo ao timbre. Adoita ser da mesma madeira que os aros, neste caso, palo santo, unha madeira tropical.

IMG_1066

Cadeneta

A cadeneta utilízase para unir a tapa armónica cos aros, percorrendo toda a perimetral.

IMG_1056

Clavixeiro

O clavixeiro é a peza metálica que vai na pala, a súa función é afinar o instrumento, para conseguir a vibración co son máis nítido posible, os engranaxes deben ser de calidade, nada de floxedades nin flaqueces, o que se busca é precisión.

Merqueino dourado coas manetas negras como as orellas do demo, polo que costou, xa pode ser ben categórico!

 

Aquí vos deixo o enlace ao meu primeiro unboxing MANFER Style

Que o disfrutedes!

Admito críticas.

 

 

 

Diferenzas entre guitarras

Guitarra acústica, clásica e flamenca

Está claro que todos sabemos diferenciar unha guitarra eléctrica dunha guitarra española, faltaría máis! pero penso que cambia o conto, se temos que diferenciar entre unha guitarra española, acústica, clásica e flamenca.

Moita xente chámalle guitarra española a todas, e tampouco é así, cada unha ten as súas particularidades, de feito, teñen un son distinto.

Neste post, pretendo diferenciar cada unha delas, a un nivel de andar por casa claro está, non me vou meter agora en fonduras de tres al cuarto nin moito menos, considero que tampouco é necesario, catro detalles de cada unha e punto, o esencial para que vos chuleedes.

O que a simple vista se lle ve en común a estas guitarras é que todas teñen seis cordas e unha silueta moi parecida, por non decir igual, pero entre todas elas, a única que ten as cordas de metal é a guitarra acústica, por eso ten un son máis forte e agudo, comparado co son suave da guitarra española, a guitarra acústica é a que menos marcada ten a cintura, tamén é a máis voluminosa, pero aínda así é a que máis estreito ten o mástil cun clavixeiro distinto.

Esta guitarra é a copia ianqui da nosa, ata é máis fea e todo!

Guitarra acústica

A guitarra española ten dúas variantes, a clásica e a flamenca, as dúas teñen cordas de nylon.

Guitarra española con golpeadores de plástico

A guitarra flamenca está feita de ciprés e abeto, polo que a tapa, aros e fondo son de cor claro, ten unha altura de corda extremadamente baixa, case tocando o diapasón. Dispón de golpeadores para evitar marcar a madeira coas uñas, debido ao golpeo percusivo da música flamenca, tamén é a que ten os aros con menos fondo, resultando deste xeito, ser a máis estreita de todas.

Guitarra flamenca

A guitarra clásica adoita ter o mástil máis ancho que a flamenca, a tapa acostuma ser de cedro ou abeto, os aros e o fondo son escuros, xeralmente palosanto, sapelli, cocobolo, nogal, palo rojo, nazareno, ziricote, arce, caoba etc. Dependendo das madeiras, así será o prezo.

Guitarra clásica

Marchando dúas bulerías, un soleá e catro fandangos, para que a partires de agora, a ver se non falamos indistintamente, da guitarra acústica, clásica e flamenca, como se foran o mesmo instrumento.

 

NOTA: As imaxes non son da miña autoría, atopeinas na web

Soleira MANFER Style

Teño que dicir que os resultados acadados nos últimos traballos de lutería (dúas mandolinas, unha folk e outra napolitana) son máis que satisfactorios, tal é así, que estou contento como un cuco cos ánimos a escachar, pero non podo estar quietiño… Xa me metín de cheo noutro proxecto, nin máis nin menos que a construcción dunha guitarra MANFER Style, penso que xa estou enganchado a esta fermosa arte, esto xa non ten cura nin volta atrás…! 

Eso sí, teño os conceptos moi claros, non pretendo ser un físico acústico, nin un lutier de Cremona, pero tampouco quero dar a imaxe dun perralleiro guitarreiro estándar, todo o contrario, cos meus instrumentos pretendo marcar a diferenza, así de claro! O da lutería é por verdadeiro pracer, polo que me permite certo grao de liberdade para experimentar, chamémoslle física creativa.

Naturalmente, son consciente de que os fracasos tamén teño que roelos. Pero bueno… A fogueira de San Xoán, préstase para todo o relacionado coa madeira. Unha fogueira con ascuas de cedro, ébano e palisandro non se ve tódolos días… Vaia caché!


Para a construcción dunha guitarra, é case imprescindible dispor dunha soleira guitarreira, esta é a base que se utiliza para o ensamble, consta dun soporte cun certo abombamento para conseguir a curvatura necesaria da tapa armónica, este abombado (efecto bóveda) cada lutier dalle o que lle parece, valores que andan arredor dos 6000mm de radio. A importancia da soleira é crucial para conseguir un bo resultado final, porque no son dunha guitarra todo inflúe, todo é determinante de principio a fin, a soleira, as madeiras, os espesores destas, a forma dos aros, o arqueado da tapa armónica e claro está, as mans do artesán tamén teñen moito que ver no asunto, polo que teño que procurar ser cauteloso, fino e preciso dende o principio.


A construcción da soleira foi o que me entretivo estes días, dedicándolle tempo experimentación e traballo. 
Estou contento. Aquí vos deixo imaxes do proceso.
Que o disfrutedes!